Incidencia por corte de suministro de auga

Un fallo eléctrico no bombeo de auga potable de A Devesa, en torno ás 22:00 horas do martes 12, provocou unha baixada importante no nivel de auga nos depósitos de Bouzavedra e da antiga estación de potabilización de A Vendanova. A raíz deste corte de suministro eléctrico, producíuse o vaciado da rede de abastecemento, provocando a acumulación de aire nas conduccións que percorren as partes altas do municipio.

A empresa que xestiona a rede, según o contrato suscrito co Consorcio de Augas do Louro, desplazou á zona a súa brigada de emerxencias, que conseguiu reestablecer o nivel óptimo de auga nos  depósitos en torno ás 3:00 da madrugada, a pesar do cal, non se logrou o restablecemento do servizo en toda a rede de canalizacións debido ás acumulacións de aire no seu interior.

Durante a mañá do día 13-05-2014 leváronse a cabo actuacións para eliminar o aire das tuberías, tales como a execución de unha toma en carga á saída do depósito de A Vendanova ou a apertura de bocas de rego nas zonas altas do municipio, a modo de purga.

Desta maneira, conseguiuse reestablecer o servizo en torno ás 11:30 horas, a excepción da R/Coruña, onde a dificultade para a purga do aire acumulado retrasou a reposición do suministro ata pasadas as 14:00 horas.

Ao longo das próximas semáns, o Consorcio de Augas do Louro comezará a instalar ventosas para a purga automática do aire acumulado nas tuberías nos puntos máis conflictivos que esta incidencia permitiu detectar, evitando deste modo que se repitan fallos como o ocorrido. Tamén procederá á instalación de un sistema de telesupervisión nos depósitos e no bombeo de auga potable, que detecte en tempo real os problemas no abastecemento e permita a súa corrección inmediata, evitando novas molestias aos abonados ao servizo.

O Consorcio recorda ademáis, que está disposición de tódolos usuarios o teléfono 900 810 103 para atención ao abonado e comunicación de averías, operativo as 24 horas do día.