I 10K Concello de Salceda

Os participantes da “I 10K Concello de Salceda” sustituiron aos coches nas rúas da vila o pasado domingo 5 de maio.

Un total 858 atletas repartidos nas distintas carreiras percorreron 10000, 2500, 1000, 500 e 150 metros, segundo a categoría na que participaban.

A carreira absoluta, que tivo a súa salida ás 10:30 horas, percorreu 10000 metros por varias das parroquias do concello ademáis de parte do casco urbano. Nesta carreira absoluta os mellores tempos foron para Santiago López Rodríguez (31,47 min.), Daniel Bargiela Araujo (32,23 min.) e José Alberto Dasilva (34,16 min); no caso das féminas os mellores tempos foron para Ariana González Verde (42,06 min.), Ana Belén González Garrido (43,38 min.) e Mónica Gonzáles Rocha (46,01 min.). No caso da mellor salcedense nas categorías absolutas, Davinia Vaqueiro Martínez fixo un tempo de 45,09 min.

No resto das carreiras participaron rapaces nados entre os anos 1998-2000 (categoría A-2500 metros), do 2001-2003 (categoría B-1000 metros), nados entre o 2004-2006 (categoría C – 500 metros) e do 2007-2011 (categoría pitufos  – 150 metros).

A Concellería de Deportes, que dirixe a tenente alcalde Marina Cabaleiro quere agradecer especialmente a colaboración da Bolsa de Voluntarios de Salceda, Policía Local, Voluntarios de Protección Civil, Escolas Deportivas Municipais e empregados do concello que se volcaron na organización deste acto.

Tampouco queremos esquecernos do agradecemento ás 35 casas colaboradores (comercios, hoteis, hostelería, talleres…) que subvencionaron os agasallos que se entregaron cos trofeos aos gañadores da categoría absoluta.

En total entregáronse 60 trofeos nas distintas categorías da carreira absoluta e 48 trofeos nas categorías menores. En todas as carreiras se entregaron premios aos mellores tempos e tamén aos primeiros salcedenses.

Marina Cabaleiro “despois da boa acollida desta carreira, e das felicitacións pola organización e diseño do percorrido que nos están chegando, non dudamos en volver a facer a segunda edicción o próximo ano. Estamos moi contentos do resultado xa que tivemos o centro da vila e moitas das parroquias cheas de xente o longo de toda a mañá do domingo animando os atletas”