Éxito e ilusión de novo en setembro

Despois dos resultados obtidos na convocatoria do mes de maio, con case un 48% de aprobados, tomouse a decisión de continuar cas clases de apoio para as probas do graduado en ESO de setembro.

A Concelleira de Emprego e Formación, mantivo unha charla informativa cos alumnos que xa participaran no curso de preparación da ESO que se levou a cabo no CDL de O Torrón de decembro a maio. Na mesma, acordouse reanudar as clases durante os meses de xullo e agosto para poder dar apoio a aqueles alumnos que non consegueron aprobar os tres ámbitos e que desexan volver a intentalo na convocatoria de setembro.

Neste caso, o grupo será máis reducido, será un apoio extra para aqueles alumnos que xa acudiron as clases na pasada convocatoria e que non obtiveron o título, xa que, ademáis de aqueles que o conseguiron hai un grande número de alumnos que aprobaron dous dos tres ámbitos, co cal un pequeniño apoio no verán fará que elevemos o número de graduados.

Marina Cabaleiro, tenente alcalde e concelleira de emprego e formación: “dende a concellería estamos moi contentos dos resultados obtidos, xa que a porcentaxe de aprobados demostra o interese que os alumnos puxeron nestas clases, o esforzo que fixeron para conseguir unha titulación moi importante e necesaria para acceder ao mercado laboral. Con estes dous meses engadidos fan un total de 8 meses de clases, un grande esforzo pero que merece a pena vendo os resultados”