Éxito da V San Silvestre Solidaria

TER_1186 copia

Había que correr para recadar alimentos, para axudar aos demáis e para a mosar o grao de solidariedade dun pobo cos que máis o necesitan… e Salceda correu. ¡Vaia se correu! A San Silvestre Solidaria, organizada polo Concello de Salceda bateu récord de participación con máis de 800 participantes e case unha tonelada de alimentos recaudados. Todo un exemplo a seguir.

Era o quinto ano consecutivo desta festa do deporte e da solidariedade que tiña como finalidade a recadación de alimentos para o Programa de Alimentos do Concello. Ademáis, como manda a tradición e dadas as datas nas que andamos, moitos participantes acudiron disfrazados… do que cadrara.

O alcalde, Marcos Besada, tamén correu a proba ou, cando menos, chegou a meta como o que máis, canso pero feliz polo resultado, feliz polo número de participantes e feliz polo espírito solidario que amosou o seu pobo á hora de traballar por aqueles máis necesitados. Fíxoo xunto cos Concelleiros de Movemento Salceda Carla Pérez, Jose Luis González e Loli castiñeira.

Foi, en suma, toda unha festa que comezaba xa cunha actividade de animación con zumba antes de tomar á saída… para ir facendo quecemento.

Familias enteiras, parellas, grupos de amigos, pequenos e maiores botáronse onte á rúa coa intención de despedir o ano da mellor das maneiras, pasando unha divertida noite cos seus veciños.

 

O vencedor absoluto da carreira foi o veciño do Cerquido, Akka Essaadaoudi e en categoría femenina fíxose co primer posto Sandra Sobreira. Houbo tamén un recoñecemento para o corredor de máis idade da proba e para o máis novo. María Victoria de 75 anos foi a participante de maior idade, exactamente 75 anos maior que Inés, a benxamina da proba que con menos dun mes de idade completou xunto coa súa familia o percorrido.

Tras a entrega de premios, sorteouse entre todos os participantes unha fin de semana de turismo rural.

Un chocolate ben quentiño para recuperar forzas, Salceda puxo fin a unha noite na que, ademáis de dar renda solta á diversión, os veciños uniron forzas para axudar aos que máis o necesitan.