Mapa climático

CLIMA

Para poder realizar o estudo do clima hai que elexir a estación meteoroloxica que mellor represente o clima do noso concello. Para elo vamos a diferenciar varios espazos de estudo entre os que determinaremos o clima en función da cercanía a unha estación meteorolóxica ademáis de similitude altitudinal, de orientación e de relieve. A estación meteorolóxica que mellor cumple estos requisitos é á Estación meteorolóxica de Ponteareas.

Tendo en conta estas consideracións realizarase unha análise climática a través de diagramas climáticos. Que se obteñen a través da utilización do programa informático “PROCLI 1.0”,desenvolto polo Departamento de Ciencias Agroforestais de la E.P.S. da Universidade de Huelva.

A continuación mostramos o cadro que representa as medias de temperatura e de precipitación recollidos, ao longo dos anos.

 

Cadro de temperatura e pluviosidade correxido para o municipio de Salceda de Caselas

 Microsoft Word - mapa climático

tm: temperatura media das mínimas (ºC)

tM: temperatura media das máximas (ºC)

Tm: temperatura media das mínimas absolutas (ºC)

TM: temperatura media das máximas absolutas (ºC)

P: Precipitacións (mm)

 

O clima é atlántico europeo, con temperaturas medias suaves en todas as épocas do ano. As chuvias son abundantes  cunha pluviosidade media de 1.485l/m2 , sendo os meses de novembro, decembro e xaneiro os de maior pluviosidade. A humidade relativa media é tamén elevada superando boa parte do ano o 80-85% (entre outubro e febreiro), e entorno ao 75% o resto do ano.

Máis estas condicións non son homoxéneas en todo o territorio, pois a situación xeográfica do propio terreo -zonas elevadas ou baixas- ou a cercanía aos cauces fluviais van variar as características climáticas.

 

GRÁFICOS PARA ENTERDER O CLIMA: CLIMODIAGRAMAS E DIAGRAMAS BIOCLIMÁTICOS

Os gráficos axúdannos a “ver” e entender como funciona e evoluciona o clima. Deste xeito podemos observar como no noso territorio existe un leve período de seca producido no mes de xullo, producíndose unha limitación hídrica para as plantas, aínda que pouco relevante.

mapa climatico-2

Os días de xeada son moi escasos, máis probables nos meses de decembro, xaneiro e febreiro. O número medio mensual de días de xeada ao ano é de dous ou tres días polo que este aspecto non é un factor limitante para o arraigamento e crecemento da vexetación.

A vida vexetal depende da auga: Evapotranspiración Potencial (E.T.P ) e balance hídrico.

O balance hídrico expresa as perdas e ganancias de auga no solo que dependen dos fenómenos de evaporación e transpiración (evapotranspiración) e da precipitación, respectivamente.

O balance hídrico pon de manifesto que entre os meses de xullo e setembro existe unha menor dispoñibilidade de auga, pero non chega a existir déficit hídrico. No resto dos meses obtéñense grandes volumes de auga, que se van perder por mor da baixa capacidade de retención do solo.

Clasificación fitoclimáticamapa climatico-3

Na clasificación fitoclimática de Allué Andrade (1988) o clima do monte entraría con carácter xenuíno na clase V (VI)3, defíneo como atlántico-europeo de tendencia marítimo temperado.