DEPORUARTE

Deporuarte 2016

O Concello de Salceda de Caselas a través da Concellaría de Mocidade que dirixe Carla Pérez, vai desenvolver  a primeira quincena do mes de setembro, dentro do programa DEPORUARTE 2016 organizado pola Deputación de Pontevedra, o curso O TEU CORPO UN INSTRUMENTO, dirixido prioritariamente a mozos e mozas de entre 16 e 30 anos.

O curso vai ter un total de 25 horas e se impartirá no Auditorio Municipal en sesións de dúas horas e media pola tarde.

DEFINICIÓN DO CURSO

A percusión corporal consiste na produción de sons con golpes sobre o corpo e outros elementos. Nos se necesitarán coñecementos previos de música nin percusión.

OBXECTIVOS

Adquirir coñecementos, habilidades e destrezas básicas sobre percusión

Coñecer novas formas de facer percusión

Agudizar o sentido do ritmo

Enfocar a percusión como arte urbana

 

A documentación para a inscrición xa está dispoñible na Oficina Municipal de Información Xuvenil (OMIX) situada na Casa da Cultura ADR Castelao.

Para facer o trámite hai que cubrir unha folla de solicitude, achegar fotocopia do DNI, un volante de empadroamento e para os menores de idade unha autorización paterna.