Cóidate e coida aos que máis queres

2016.04.16 Cóidate

Baixo o nome “Cóidate e coida ós que máis queres”, o Concello de Salceda continúa co programa de información dos Sistemas de Retención Infantil (SRI), tras a entrada en vigor da nova normativa o pasado 1 de outubro. Para levar a cabo esta iniciativa cóntase coa colaboración da Policía Local. Nesta ocasión, Roberto Cameselle foi o encargado de impartir unha nova charla no CEP Altamira organizada pola ANPA do colexio. Así, as nais e pais asistentes a esta sesión aproveitaron para aclarar as súas dúbidas en torno a todo o relativo aos SRI (Sistemas de Retención Infantiles), fundamentales á hora de desprazar a nenos e nenas nos vehículos, así como outras dúbidas relacionadas coa mesma temática. Na sesión abordouse tamén o tema da seguridade en bicicleta, pois tamén presenta cambios coa entrada en vigor da nova normativa. A charla ven a sumarse así ás xa celebradas co colectivo de futuras mamás nas súas clases de preparación ao parto, e tamén no grupo de postparto.

Jose Luis González, Concelleiro de Seguridade e Tráfico: “Poñemos os recursos de que dispón o Concello a disposición dos diferentes colectivos de Salceda, pois somos conscientes de que a suma de esforzos ofrece os mellores resultados. Agradecemos ademáis a boa predisposición da Policía Local á hora de levar a cabo estas e outras iniciativas que se lle propoñen dende as diferentes áreas”.

Teresa Pérez, Concelleira de Ensino: “Queremos trasladar a nosa noraboa á ANPA Altamira polo seu interese nesta campaña informativa que se está a desenrolar dende o Concello, así como pola súa continuada labor de organización de charlas informativas sobre temas de especial relevancia para as familias”.