Cóidate e coida aos que máis queres

Baixo o nome “Cóidate e coida ós que máis queres”, o Concello de Salceda continúa co programa de información dos Sistemas de Retención Infantil (SRI). Para levar a cabo esta iniciativa cóntase coa colaboración da Policía Local. Nesta ocasión, Roberto Cameselle foi o encargado de impartir unha nova charla para o colectivo de futuras nais e país que acuden aos cursos de preparación ao parto no Concello de Salceda da man da matroa Inés Curro. Así, as embarazadas e os futuros pais asistentes a esta sesión aproveitaron para aclarar as súas dúbidas en torno a todo o relativo aos SRI (Sistemas de Retención Infantiles), fundamentais á hora de desprazar a nenos e nenas nos vehículos, así como outras dúbidas relacionadas coa mesma temática. A charla ven a sumarse así ás xa celebradas noutras ocasións con este colectivo, e tamén no grupo de postparto, así como no CEP Altamira.

A matroa, Inés Curro, agradeceu a colaboración do Concello de Salceda e de Roberto Cameselle nesta iniciativa que pon en marcha por segundo ano consecutivo, consciente do interese que este tema esperta no colectivo de futuras nais.

Jose Luis González, Concelleiro de Seguridade e Tráfico: “Poñemos os recursos de que dispón o Concello a disposición dos diferentes colectivos de Salceda, pois somos conscientes de que a suma de esforzos ofrece os mellores resultados. Agradecemos ademáis a boa predisposición da Policía Local á hora de levar a cabo estas e outras iniciativas que se lle propoñen dende as diferentes áreas”.