Castro Barreiro e A Feira enfrontaranse o domingo 12 de marzo

2017.03.02 Entroido

Xa hai data para o esperado enfrontamento entre os barrios de Castro Barreiro e A Feira. Na tarde-noite de onte, as comisión de ámbolos dous barrios comunicaban a nova data fixada para o evento: o domingo 12 de marzo. O desfile, previsto inicialmente para o pasado martes 28 de febreiro, tivo que ser aprazado a causa das inclemencias meteorolóxicas.

Dende o momento en que as comisión de festas dos dous barrios comunicaron a nova data, o Concello puxo xa en marcha o operativo de traballo para que todo estea listo o domingo 12 de marzo para acoller este multitudinario encontró que, sen dúbida, un ano máis suporá a visita de milleiros de persoas a Salceda de Caselas para presenciar un dos Entroidos máis antigos da provincia.

 

O Entroido máis tradicional de Salceda de Caselas é o que ven enfrontando dende hai máis dun século aos barrios de A Feira e Castro Barreiro. Estes dous barrios traballan arreo dende hai meses, no máis absoluto segredo, para que non transcenda ninguna información ao barrio rival. Para iso están implicados practicamente tódolos veciños do barrio, que dun ou doutro xeito colaboran coa súa festa máis arraigada. Lembramos que Castro Barreiro e A Feira son dous barrios pertencentes á parroquia de Santa María, separados entre si polo regato da Ameixoa, que fai as función de frontera máis que nunca nestas datas. Castro Barreiro e A Feira compiten un ano máis por ter a mellor carroza, a mellor comparsa, o mellor son, a mellor verbena… e é que entre estes dous barrios todo, ata o máis mínimo detalle se converte en competencia.