Campaña de seguridade en Salceda de Caselas

2016.03.11 Poli

Adheríndose á Campaña especial da Dirección Xeral de Tráfico sobre Cinturón de Seguridade e Sistemas de retención Infantil, a Policía Local de Salceda vai realizar controles durante a vindeira semana, do 14 ao 20 de marzo. Os controles situaranse nas entradas do casco urbano, e repartiranse en diferentes horarios durante toda a semana.

Con esta campaña, o Concello de Salceda segue a involucrarse nos temas de seguridade ao volante, especialmente no que a seguridade infantil se refire. Lembran ademais que dende a Policía Local se están a levar a cabo diversas charlas informativas sobre os sistemas de retención infantil, que se teñen celebrado cos colectivos de embarazadas e de post parto, e que en breve se vai levar tamén ao CEP Altamira en colaboración coa ANPA.

O uso de sistemas de retención homologados, cinturón de seguridade e SRI, tense demostrado como o sistema de seguridade vial máis sinxelo, rentable e eficaz, en todo tipo de vías e traxectos. Aínda que cada vez se nota un maior incremento do cinturón de seguridade, existen aínda graves lagunas. Con esta campaña preténdese lograr o obxectivo de que ningún neno ou nena perda a vida por non ir correctamente sentado nunha cadeira adecuada para o seu peso e talla.

Jose Luis González, Concelleiro de Tráfico: “A correcta utilización dos sistemas de seguridade nos vehículos reducen á metade o risco de morte en caso de accidente. Consideramos fundamental realizar estas tarefas de control e prevención, sobre todo se temos en conta a elevada cantidade de nenos e nenas que temos no noso Concello”.

 

Gabinete de prensa, 11 de marzo de 2016