Campaña de fomento do comercio local

A Asociación de Comerciantes e Industriais de Salceda (ACISA), xunto coa Federación de Comercio do Sur de Galicia (FESURGA), veñen de poñer en marcha a campaña “Mercando na vila ti tamén gañas”, co cobxectivo de incentivar as compras no comercio local durante a Campaña de Nadal. Así, a clientela dos locais participantes recibirán cupóns de rasca con códigos QR con ducias de premios. Para comprobar se os cupóns agochan algún premio, os clientes/as deberán descargarse a aplicación que permite facer as consultas. Os códigos QR poden agochar tanto premios da FESURGA como de ACISA.

A Campaña, que se prolongará ata o 7 de xaneiro, ofrece remios como unha cesta de Nadal, un xamón, 25 vales de compra de 10 € e outros pequenos agasallos donados tanto por FESURGA como por ACISA. En total neste campaña repartiranse 2.000 € en premios.

“Mercando na vila ti tamén gañas” ven a sumarse ás diversas campañas levadas a cabo por ACISA para fomentar as compras no comercio local, evitando a fuxida de clientela cara ás grandes superficies, sobre todo nunha época crucial para o pequeño comercio como é a época do Nadal.