Campamento gratuíto: “Imos crear unha empresa en igualdade”

A Concellería de Benestar Social organiza o campamento gratuíto “Imos crear unha empresa en igualdade”, dirixido a nenas e nenos de entre 8 e 12 anos.

O campamento será organizado en talleres que contarán con un itinerario que durará 10 días. Os nenos e nenas a través de xogos, dinámicas, técnicas teatrais e outras actividades, divertiranse e desenvolverán habilidades emprendedoras, baseándose sempre nos valores da convivencia e igualdade.

Este campamento foi validado pola Xunta de Galicia como medida municipal de conciliación de promoción autonómica, e será cofinanciado pola Secretaría Xeral de Igualdade, o Fondo Social Europeo e o Concello de Salceda de Caselas.

Dará comezo o 29 de setembro, de 16:30 a 18:30 horas, nas instalacións do CEP Altamira. Os pais e nais poderán facer uso desta medida de conciliación durante os 10 días.

Para máis información e inscricións dirixirse á Concellería de Benestar Social ou a través do correo electrónico tenenciadealcaldia@salcedadecaselas.es

Marina Cabaleiro, tenente alcalde e responsable da área de Benestar Social e Igualdade considera que “dende os concellos debemos fomentar medidas que enseñen os nenos e nenas valores de igualdade, ó mesmo tempo que proporcionamos os pais e nais medidas de conciliación da vida laboral e familiar. Deste xeito, a través dos talleres prácticos, divertidos e dinámicos desenvolveranse habilidades e aptitudes fundamentais do espíritu emprendedor, como son a creatividade, o autocoñecemento, autoconfianza, perseverancia, traballo en equipo, comunicación…”