Biodiversidade

UN GRAN MOSAICO DE VIDA: A BIODIVERSIDADE

A diversidade ecolóxica está directamente relacionada coas características das unidades de vexetación e a súa variedade de especies.

O estudo da vexetación potencial realizouse mediante o “Mapa de series de vexetación” de Rivas Martínez (1987). A zona onde se atopa o concello encádrase, dende o punto de vista fitoxeográfico, nas seguintes unidades:

 

– Reino:                                 HOLÁRTICO.

– Rexión:                                EUROSIBERIANA

– Subrexión:                          ATLÁNTICO-MEDIOEUROPEA

– Superprovincia:                 ATLÁNTICA

– Provincia:                            CANTABROATLÁNTICA

– Subprovincia:                     ASTUR-GALAICA

– Sector:                                GALAICO-PORTUGUÉS

– Subsector:                          PONTEVEDRÉS

Atopámonos nunha área de macrobioclima morno, con termotipo ou piso bioclimático colino. Con relación á precipitación anual, e de forma análoga ao caso dos termotipos, pódense establecer intervalos que se corresponden coa distribución das comunidades vexetais, denominados ombrotipos. Neste caso atopámonos nun ombrotipo húmido con tendencia á aridez estival.

Hábitats forestais (Diversidade de ecotonos e hábitats singulares)

A vexetación existente nos hábitats singulares e nos ecotonos ou zonas de transición entre diferentes propiedades ou usos do chan, adoita presentar unha elevada diversidade biolóxica, normalmente con especies distintas das frecuentes nos hábitats limítrofes.

 

Lugares especiais que debemos conservar: hábitats singulares.

A relación de hábitats naturais e seminaturais legalmente protexidos no territorio galego restrínxese na actualidade aos tipificados como “Hábitats naturais de interese comunitario” que aparecen incluídos no Anexo I da Directiva Hábitat (DC 92/43/CEE).

No territorio de Salceda de Caselas, podemos destacar a existencia dun Espazo natural protexido de especial interese polo tipo de hábitat que presenta e a singularidade e vulnerabilidade que presentan algunhas especies de flora e fauna que se atopan nel, é o Espazo natural denominado “Gándaras de Budiño”,

Este espazo protexido pertence a Rede Natura 2000, e combina dúas figuras de protección ambiental: Lugar de Interese Comunitario e Zona de especial protección polos valores naturais (ZEPVN. Lei 9/2011 de Conservación da natureza).

 

Os hábitats presentes neste espazo son:

Grupo 3. Hábitats de auga doce

Grupo 4: Queirogais e matogueiras de zona temperada.

Grupo 6: Formacións herbáceas naturais e seminaturais.

Grupo 7: Turbeiras altas, turbeiras baixas e áreas lamacentas

Grupo 9: Bosques.

 

Outro tipo de hábitats a destacar é o relacionado co paso do río: Bosques aluviais de ameneiros e freixos (Alno-Padion, Alnion incanae, Salicion albae), Carballeiras galaico-portuguesas con carballo, cerquiño e a sobreira (Physospermo cornubiense-Querco suberis sigmetum).

Á marxe dos anteriores, no territorio de Salceda existen outros hábitats de interese individual que aínda que non son obxecto dunha protección xeral pola Directiva Hábitat, si son importantes para a conservación das especies:

Hábitats límite ou illados da área de distribución dalgunha especie ou comunidade.

Hábitats moi minoritarios nun determinado territorio.

Hábitats artificiais esenciais para a presenza dalgunhas especies: canteiras, escavacións, noiros, pontes, edificios, estanques, embalses, vertedoiros, etc.

Bosquetes de árbores ou arbustos ornamentais testemuñais que favorecen dalgunha maneira a biodiversidade.

Masas arborizadas de gran talla que favorecen que aniñen aves de presa.

Mouteiras vellas de árbores demoucadas ou de talla normal con abundantes espazos para que a fauna se refuxie e aniñe.

Hábitats de reprodución permanente dalgunha parella de micromamíferos ou aves de interese especial.

Hábitats de ribeira.

Hábitats de rochedo.

Bosques illados entre terras de cultivos agrícolas ou pasto.

Etc.

 

Comarcas Xeoforestais do Plan Forestal de Galicia

Na división que o Plan Forestal de Galicia fai da rexión galega en Comarcas Xeoforestales en función das características climáticas, xeomorfolóxicas, etc. O Concello de Salceda de Caselas está incluído dentro da denominada Costa Atlántica.

 

Vexetación potencial

A vexetación potencial é o conxunto de comunidades vexetais que en ausencia de actividade humana deberían constituír a súa cuberta vexetal. Esta formación ten o seu óptimo no noso concello nas seguintes series:

– vexetación termófila de carballo, cerquiño, acivro, castiñeiro, loureiro e sobreira. Asociación de certa influencia mediterránea. Coexisten tamén outras especies caducifolias como pereira brava, chuchamel, sanguiño, espiño albar ou abeleira. Asociadas a este estrato arbóreo viven especies de sotobosque como torvisco, érbedo, bola de neve, etc.

 

FAUNA

 

FUNGOS

Se temos en conta que se estima que existen arredor de millón e medio de especies de fungos e que existen cinco especies por cada unha vexetal, podemos facernos unha idea da enorme biodiversidade que acolle este Reino de seres vivos. Se a isto ademais lle engadimos a gran ubicuidade que presentan e que pequenas zonas microclimáticas tamén inflúen na aparición destes seres, é evidente que podemos inferir que en Salceda de Caselas vai a haber unha gran e variada flora fúnxica.

Os extensos piñeirais, repoboacións con castiñeiros ou lonxevas carballeiras son sitio idóneos para a frutificación de fungos micorrícicos, moitos deles de gran valor culinario, como cantarelas, boletus e niscalos. As zonas de labradío e pastoreo, tamén producen fungos interesantes dende o punto de vista culinario, champiñons, zarrotas e sendeiriñas. Os bosques de ribeira e incluso os eucaliptais acollen tamén interesantes comunidades fúnxicas.  É dicir, cada biotopo leva asociado un elevado número de fungos específicos e outro non menos numeroso de especies accidentais ou esporádicas, non todas comestibles, pero cun importante valor ecolóxico (os fungos son os xestores naturais do medio ambiente).

Incluso en hábitats tan esixentes e críticos como os da ZEC das Gándaras de Budiño, onde habita unha flora e fauna cun elevado grado de especialización temos unha rica, variada, e en ocasións exclusiva riqueza micolóxica.

En termos de conservación os fungos adoitan ser os grandes esquecidos, no entanto deberíamos prestarlle moita máis atención pois son peza chave para o correcto funcionamento dos nosos ecosistemas.

Salceda de Caselas acolle algunhas destas especies de fungos merecedoras de protección, especies como Amanita torrendii, Cantharellus melanoxeros ou Gyrodon lividus, todas elas recollidas no listado de 33 especies a protexer do anexo I de la Convención de Berna.