As Escolas Deportivas de Salceda conviven en Benidorm

edm denidorm

O pasado sábado 4 de xullo, os cadetes e infantís das EDM de Salceda partiron para Benidorm para participar dentro do torneo Costa Blanca CUP 2015.

Dentro do programa de partidos que comezan o día 6 de Xullo cos partidos para ambas categorías que disputarán os partidos de oitavos e cuartos de finais o xoves 9 de xullo, sendo a final ao dia seguinte, neste torneo internacional de futbol base, no que desfilaran miles de xogadores de todos os países, retornando o domingo 12 de xullo.

Unha viaxe para a que os participantes estiveron a traballar, durante esta tempada,  para poder costearse gran parte da viaxe.

É fundamental convivir no deporte, facilitando a participación e integración cos compañeiros, a través do xogo en equipo, e establecer valores de competitividade de respeto e convivencia. Confío en que esta experiencia sexa moi positiva para os nosos xogadores, asegura Carla Pérez Concelleira de deportes.