Akka Eaasadaoui vence unha vez máis na VI Corre X Salceda

TER_8199

O pasado domingo 6 de maio Salceda de Caselas acolleu a VI edición da carreira popular que cada ano percorre o municipio, organizada pola Concellaría de Deportes en colaboración coas Escolas Deportivas. Un ano máis o evento foi un éxito, contribuíndo á consolidación do mesmo entre as probas destacadas da provincia.

Baixo o nome “Corre X Salceda”, as/os participantes percorreron os espazos naturais de Salceda, así como os diferentes tramos de sendas polos Ríos Caselas e Landres, nun percorrido que foi calificado como “fermoso” ou “interesante” por moitos/as dos/das atletas participantes.

Para a categoría absoluta, con saída ás 10:30, os/as participantes podían elexir entre facer 5 ou 10 km. Os/as nacidos/as entre 2003 e 2005 fixeron un circuito de 2.500 metros, 1.000 metros para os/as nacidos/as entre 2.006 e 2.008, 500 metros para os/as nacidos/as entre 2.009 e 2.011,  150 metros para a categoría “Pitufos A”, que englobou aos nenos e nenas nacidos entre 2.012 e 2.014, e 100 metros para os “Pitufos B”, nacidos en 2.015 e 2.016 . Todas as categorías realizaron a súa saída dende a Praza do Concello. Ademáis, no caso das categorías inferiores, todas elas contaban con un percorrido accesible para persoas con mobilidade reducida.

A proba contou ademáis con unha vertente solidaria, xa que as categorías inferiores tiñan como requisito de participación a aportación de alimentos non perecedeiros para o Programa Municipal de Alimentos, recaudándose máis de 300 kilos que sen dúbida servirán de axuda a moitas familias que non están a pasar o seu mellor momento.

Máis de 50 persoas voluntarias garantiron o correcto desenrolo da proba baixo a dirección da Policía Local, encargándose da loxística, control de cruces, avituallamento, entrega de dorsais, etc. Así mesmo, o Concello contou tamén coa colaboración de diversos clubes da localidade, con Protección Civil e coa Garda Civil.

As persoas gañadoras nas diferentes categorías foron:

CATEGORÍA 10K

Xeral feminina: Yolanda Campos Rivas (00:43:48) Marga Villaverde Rosales (00:46:07) Uxía Fernández García (00:46:19)

Xeral masculina: Akka Eaasadaoui (00:33:40) Manuel José Basteiro Bessada (00:34:24) José Alberto Bastos Dasilva (00:35:03)

Xuvenil feminina: Andrea Pérez Fernández

Xuvenil masculina: Javier Besada Pérez

Senior feminino: Jahenett Amil Pérez, Lucía Romero Ons, Irene Táboas Carrera

Senior masculino: Ismael Táboas Carrera, Jesús Rodríguez Roa,  Alejandro Otero Ramírez

Veterana A feminino: Nuria Pérez Lorenzo, Celia Marques, Beatriz Castiñeira Lores

Veterano A masculino: José Antonio Álvarez Otero, Manuel Prieto de la Iglesia, Marcos Groba Bargiela

Veterana B feminino: María Elena Estévez Freire, Montserrat Silva Fernández, Verónica Pampillón Seijo

Veterano B masculino: Ernesto Plaza Sixto, José Luis Mujeriego Gómez, José Ramón Alonso Fernández

Veterano C masculino: Manuel Suárez Martínez, Guillermo José Vicente Álvarez, Federico Amando García Costas

Veterana D masculino: Manuel Míllara Blanco

 

CATEGORÍA 5 K

Xeral feminina: Belén Freijeiro Fernández, María Teresa Sordo García, Ana Álvarez Martínez

Xeral masculina: Juan Carlos Sande Presa, Antón Amoedo Giménez, Manuel Ulla Rega

 

CATEGORÍAS DE MENORES

A feminino: María Baqueiro Leyenda    Ainhoa Bernárdez Rodríguez    Lucía Ramírez Fernández

A masculino:  César Carballo Otero     Pablo Almeida Seoane    Samuel Lemos López

B feminino: Andrea Lorenzo Urgal     Enma Fernández Cendón    Laura Ramírez Fernández

B Masculino:  Martín Martínez Corbera     Hugo Ferreira Rodríguez    Pablo González Rey

C feminino:   Noa Martínez Fernández    Elisa Núñez Martínez    Mara González Carrera

C Masculino:    Mateo García Troncoso    Xabier Bautista Estévez    Roque Álvarez Sierra

Carla Pérez Concelleira de Deportes, “centos de deportistas acudiron ao evento para disfrutar e coñecer do noso entorno a través dunha actividade tan saudable.  Agradecemos especialmente a colaboración de Luis Manuel Rodríguez Cabaleiro, figura fundamental na organización deste evento, así como de tódalas persoas que fixeron posible un novo éxito da CorreXSalceda”.

Marcos Besada, Alcalde de Salceda de Caselas, “Salceda acolleu unha vez máis a deportistas chegados dende todo o País. Os nosos espazos naturais son o mellor escenario nesta proba que, ademáis de medir as forzas dos/das participantes, sirve tamén para seguir a dar a coñecer o noso Concello e, sobre todo, a enorme hospitalidade da nosa xente. Unha vez máis Salceda estivo á altura, e estamos moi orgullosos dos resultados acadados.”.

 

Salceda de Caselas, 7 de maio de 2018