Aberto o prazo de inscrición nos cursos de formación do segundo semestre do Plan de Formación Municipal.

A concellería de emprego e formación, dentro do Plan de Formación Municipal acaba de abrir o prazo de inscrición para os novos cursos do segundo semestre.

Nesta segunda fase do Plan de Formación Municipal 2014, as actividades formativas estarán dirixidas a dous sectores diferenciados: desempregados e traballadores en activo.

A oferta destes cursos realízase en función da demanda dos usuarios da Bolsa de Emprego do CDL O Torrón, no caso dos dirixidos a desempregados e desempregadas son:

– Poda.

– Facturaplus.

– Contaplus.

– Informática Básica.

– Especialista en xestión de calidade e medio ambiente.

– Axudante de cociña.

– Hostelería – Barista.

– Inglés para a Búsqueda de Emprego.

Nesta ocasión, os traballadores e autónomos dispoñen tamén dunha formación específica para eles:

– Fotografía dixital.

– Elaboración de pinchos vexetarianos.

– Repostería tradicional.

Os interesados poderán facer a súa inscrición no Rexistro Xeral do Concello ata o 10 de setembro. Aportando ademáis do DNI a tarxeta de desemprego no caso de desempregados e o último recibo de autónomo ou nómina no caso de traballadores en activo.

Marina Cabaleiro, Tenente Alcalde e Responsable da área de emprego e formación “dende a concellería traballamos para que todos e todas teñan a posibilidade de realizar aquela formación que máis se axuste ao seu perfil para poder buscar emprego, ademais de intentar incrementar as opcións de mellora de aqueles que están traballando”.

Estas atividades formativas conviven no CDL O Torrón con outras iniciativas como a Aula Mentor, clases de Preparación de Graduado en ESO para Adultos ou charlas informativas.

Ficha solicitud traballadores Ficha solicitud cursos desempregados