Accesibilidade

O Concello de Salceda ten o compromiso de ofrecer un sitio web accesible, mediante o que se proporcione un conxunto de contidos e funcionalidades de utilidade e que permitan o seu acceso por parte do maior número de usuarios/as posibles, incluíndo a los colectivos de persoas con discapacidade e de idade avanzada.

Na construción do sitio web do Concello de Salceda adóptanse unha serie de medidas co obxectivo de mellorar a súa accesibilidade. Isto conleva una serie de vantaxes como:

• Facilitar o acceso dos usuarios/as independentemente da súa condición física ou do seu entorno.

• Permitir o acceso aos seus contidos a través de calquera navegador (Internet Explorer, Mozilla Firefox, Google Chrome, Safari, etc.) e facilitar o correcto funcionamento das axudas técnicas.

• Incluír contidos claros ben estruturados.

• Mellorar a navegación e a experiencia do usuario/a.

Entre outras adoptáronse as seguintes medidas:

• Emprego de CSS para a presentación da información.

• Marcado estrutural que permite unha adecuada navegación.

• Textos de enlaces descritivos do seu destino.

• Texto con tamaño de fonte adaptable ás preferencias ou necesidades do usuario/a.

Por outra parte, existen no portal algunhas seccións e elementos que, debido á súa complexidade técnica, aínda non foron adaptados de acordo con estas medidas de Accesibilidade adoptadas, como por exemplo os contidos en documentos PDF.