Aberto o prazo para elección de Xuíz/Xuíza de Paz sustituto/a

TER_3649 copia

BANDO DA ALCALDÍA-PRESIDENCIA

Asunto: Elección de Xuíz de Paz, Titular e Substituto

Marcos Besada Pérez, Alcalde de Salceda de Caselas do Concello de Salceda de Caselas, fago saber:

Que lle corresponde ao Pleno do Concello elixir as persoas para ser nomeadas xuíz de paz titular e substituto, deste municipio, de acordo co que dispoñen os artigos 101 y 102 da Lei orgánica do poder xudicial, e o artigo 4 e 5.1 do Regulamento 3/1995, do 7 de xuño, dos xuíces de paz.

Que se abre un prazo de quince días hábiles a contar dende a publicación no Boletín Oficial da Provincia (BOPPO) para que as persoas que estean interesadas e reúnan as condicións legais o soliciten por escrito dirixido a esta alcaldía.

As solicitudes, facendo constar que reúnen as condicións de capacidade e de compatibilidade, dirixiranse ao Sr. Alcalde-Presidente do Concello de Salceda de Caselas, e presentaranse no Rexistro de entrada deste Concello ou ben mediante o procedemento que regula o artigo 16.4 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas.

Para poder tomar parte no proceso selectivo deberanse reunir os requisitos esixidos para formar parte da carreira xudicial, de conformidade co artigo 302 e 303 da Lei Orgánica 6/1985, de 1 de xullo, do Poder Xudicial:

  1. a) Ter nacionalidade española.
  2. b) Ser maior de idade.
  3. c) Non estar incurso en ningunha das causas de incapacidade previstas na Lei Orgánica do Poder Xudicial (artigo 389).

Así mesmo, están incapacitados para o ingreso na carreira xudicial os impedidos física ou psíquicamente para a función xudicial; os condenados por delito doloso mentres non obteñan a rehabilitación; os procesados ou inculpados por delito doloso en tanto non sexan absoltos ou se dite auto de sobresemento, e os que non estean no pleno exercicio dos seus dereitos civís.

Que, en caso de que no se presenten solicitudes, o Pleno da corporación elixirá libremente. Comunicaralle o acordo ao xulgado de primeira instancia do partido.

Publícase isto para o coñecemento xeral.

DOCUMENTO ASINADO ELECTRONICAMENTE

Publicación no BOP