Aberto o prazo de inscrición no Plan de Formación Municipal do 1º semestre

A concellería de emprego e formación, dentro do Plan de Formación Municipal acaba de abrir o prazo de inscrición para os novos cursos deste primeiro semestre.

O Plan de Formación Municipal 2015, conten unha serie de actividades formativas que están dirixidas a desempregados e desempregadas.

A oferta destes cursos realízase en función da demanda dos usuarios e usuarias da Bolsa de Emprego do CDL O Torrón, e tivéronse en conta as propostas realizadas polos interesados.

As 14 especialidades deste bloque de cursos son:

– Especialista en xestión enerxética: 32 horas.

– Manipulador de alimentos: 3 horas.

– Monitor de transporte escolar: 40 horas.

– Deseño de páxinas web: 60 horas.

– Conversas en inglés: 20 horas.

– Cociña internacional: 40 horas.

– Fiscalidade para a PYME: 40 horas.

– Xardinería ornamental e horticultura: 40 horas.

– Nutrición: 40 horas.

– Primeiros auxilios: 20 horas.

– Patronaxe e moda: 40 horas.

– Benestar Animal: 20 horas.

– MS Office: 40 horas.

– Taller de enxertos: 10 horas.

Os interesados poderán facer a súa inscrición no Rexistro Xeral do Concello ata o 7 de febreiro. Deberán aportar, ademais do DNI a tarxeta de desemprego.

Marina Cabaleiro, Tenente Alcalde e Responsable da área de emprego e formación “dende a concellería traballamos para que todos e todas teñan a posibilidade de realizar aquela formación que máis se axuste ao seu perfil para poder buscar emprego”

Estas actividades formativas conviven no CDL O Torrón con outras iniciativas como a Aula Mentor, clases de Preparación das probas libres de Graduado en ESO para Adultos ou diversas charlas informativas.

En relación coa AULA MENTOR, dende a concellería queren informar que está aberto o prazo para a matrícula dos cursos CISCO para obter a Certificación Académica CISCO. Esta matrícula estará aberta ata o 5 de febreiro. Cabe destacar que este curso ten un custe moi elevado, pero a través da Aula Mentor costa o mesmo que calquera outro (24 euros ó mes), coa diferenza que te obrigan a respetar un programa de cinco meses de curso por cada módulo. A formación CISCO en redes está deseñada para proporcionar unha vía de aprendizaxe ante a crecente demanda de profesionais das tecnoloxías da información e a comunicación, así como ante a proliferación de innovacións baseadas en redes de ordenadores como poden ser as redes sociais, o cloud computing, a virtualización e en xeral todo o relacionado coa informática ubicua.