A Concellería de Emprego e Formación xa ten presenza nas redes sociais

A Concellería de Emprego e Formación do Concello de Salceda xa ten presenza nas redes sociais. Dende o próximo 1 de febreiro estará en funcionamento o facebook Concellería de Emprego e Formación Salceda, cun obxectivo principal que é o de escoitar as propostas e achegar información aos veciños e veciñas de Salceda de maneira gratuita.

O Técnico de Emprego atenderá ao público no CDL de O Torrón.

Tamén se quere informar a todos os usuarios do servizo de emprego do Concello, que o Técnico local de emprego terá a partir desa mesma data (1 de febreiro) unha nova ubicación no CDL de O Torrón (Entenza).

Este cambio forma parte do proceso de posta en marcha do CDL de O Torrón como Viveiro de Empresas e Centro de Formación ao servizo dos parados e do tecido empresarial o cal tamén ten estas instalacións ao seu servizo. O centro xa está en funcionamento dende o comenzo do Plan de Formación desta Concellería e cumpridos os prazos de aprobación do regulamento de usos e ordenanza fiscal tamén se presentará o Viveiro de Empresas.

Queremos que sexa un centro “vivo” donde teñan cabida tódalas políticas de emprego e formación desenvoltas pola Concellería, e de feito o dinamismo é palpable calquera día da semá, donde se moven máis de 200 personas nos distintos cursos de formación que acolle o centro neste momento: informática básica, búsqueda de emprego, fotografía avanzada, preparación do Graduado en ESO para adultos e unha terceira edición de manipulador de alimentos que terá lugar este venres. Novas edicións do curso de carretilleiro ou formación en linguas extranxeiras son algunhas das ofertas que se asumirán con envestimento propio, ademáis dos que dende Xunta, Deputación ou calquera organismo nos poidan achegar.

Unha concellería en movemento donde se valorarán as propostas dos cidadáns.

Marina Cabaleiro, queremos dar resposta o principal tema de preocupación da cidadanía que é o emprego e a formación, con especial incidencia na xuventude, que son os que soportan a maior tasa de desemprego. Para responder a demanda e que todos teñan igualdade de oportunidades, temos que escoitalos e teñen que estar informados, por iso ademáis da páxina web vamos ampliando vías como as redes sociais. Queremos unha concellería en movemento, dinámica, xa que entendemos que é a única maneira de ofrecer solucións.