A Concellería de Emprego e Formación oferta 12 novos cursos. Acollidos dentro do Plan de Formación Municipal 2013.

A Concellería de Emprego e Formación oferta 12 novos cursos con prioridade para os desempregados e desempregadas do municipio.

Este novo bloque entra dentro de Plan de Formación Municipal 2013, e dende a concellería espérase que teñan tan boa acollida como os anteriores. Na selección dos cursos que se ofertan tívose en conta o perfil dos demandantes de emprego do Concello, así como os sectores nos que se demandan traballadores, xa que o obxectivo desta formación e incrementar as posibilidades de atopar un emprego.

Algunhas destas iniciativas de formación están encamiñadas a rama administrativa como Contabilidade básica, Informática básica, Introducción a Microsoft Office ou Photoshop. Outras tratan de responder as demandas existentes no sector da loxística e supermercados como o curso de Caixeiro/Repoñedor, Xestión de stocks e almacén ou Manipulador de alimentos. Por outra banda, a concellería tamén quere botar unha man o pequeno comercio coa oferta dos cursos de Escaparatismo e coordinación no comercio e Técnicas de empaquetado. Outra demanda dos desempregados son os idiomas e neste bloque ofértase Inglés para a búsqueda de emprego. Tamén contan cunha interesante iniciativa Economía doméstica e familiar, que tratará de enseñar a priorizar os gastos para superar este tempo de crise.

Por último, dende a concellería de emprego e formación dentro da área de inserción laboral levará a cabo unha iniciativa que axudará ós desempregados a marcar as liñas persoais na búsqueda de emprego a través da actividade formativa “Plan de búsqueda de emprego”

Todas estas iniciativas realizaranse no CDL de O Torrón. Este centro disporá tamén nos próximos meses dun aula de hostelería, financiada cos orzamentos do propio concello, a cal compretará o espazo formativo do centro xunto cas aulas de formación, aula de novas tecnoloxías e o Taller de Carpintería.

Marina Cabaleiro, tenente alcalde e responsable da área de emprego e formación incide na importancia da formación para o emprego, “debemos axudar a mellorar as posibilidades de emprego dos nosos veciños e veciñas; nesta lexislatura apostamos polo emprego, polos emprendedores, pola formación, invertimos os nosos esforzos en convertir o CDL nun centro de referencia na comarca e estamos a conseguilo, xa que está a pleno rendemento, ademáis quero aproveitar para convidar a xornada de apertura oficial que terá lugar no próximo mes de outubro para que poidan coñecer todos os servizos que se proporcionarán no mesmo.”

Os interesados poderán inscribirse no Rexistro Xeral do Concello ata o 1 de outubro