A Concellería de emprego e formación de Salceda firma un convenio con Bodegas La Val

O Concello de Salceda de Caselas e “Bodegas La Val” de Salvaterra de Miño, firmaron un convenio para formar a 15 desempregados do Concello de Salceda de Caselas nas tarefas propias dunha adega.

Este convenio encádrase dentro da solicitude dun Obradoiro de Emprego por parte do Concello de Salceda de Caselas á Consellería de Traballo e Benestar da Xunta de Galicia, obradoiro que contaría cas especialidades de Vitivinicultura, Limpeza Industrial e Xardinería – Viveirismo, para formar de maneira eminentemente práctica a 45 desempregados. Pola nosa parte, dice a responsable Marina Cabaleiro, poñemos tódolos medios e orzamento necesario, agora queda que a Xunta de Galicia cumpra coa súa parte.

A especialidade de Vitivinicultura que se realizaría en colaboración con “Bodegas La Val” é novedosa, xa que sería a primeira experiencia deste tipo en Galicia, e a segunda en todo o territorio nacional. A dificultade de levar a cabo actividades formativas relacionadas coa vitivinicultura radica en atopar instalacións que cumpran cos requisitos dos programas formativos, por iso é fundamental a colaboración das empresas privadas neste campo.

Antonio Ruiloba, xerente de “Bodegas La Val”, destaca o carácter positivo e innovador de realizar un obradoiro de emprego en vitivinicultura para formar a desempregados, xa que o sector carece de persoal con formación específica na materia.

Tendo en conta que Según datos da “Organización Internacional de la Viña y el Vino” (OIV), o sector vitivinícola no noso país destina a cultivo de vides 1.032 millóns de hectáreas, a maior extensión de viñedos da Unión Europea e da cal se obteñen 34.300 (Miles hl) e que ademáis a exportación estímase en 103,5 millóns de hectolitros no ano 2011:

Marina Cabaleiro, Tenente Alcalde e Concelleira de Emprego e Formación afirma que tendo en conta eses datos técnicos que mostran a importancia deste sector, debemos formar os nosos desempregados en profesións onde hai carencia de persoal cualificado en todo o seu proceso productivo e con proxección de futuro. Tamén quere recalcar o agradecemento a “Bodegas La Val” por firmar este convenio de colaboración sin o cal non sería posible facer este tipo de formación. Unha vez máis dende esta concellería queremos apostar pola innovación na formación para poder facilitarlle a inserción aos desempregados do noso Concello.