15 alumnos participaron no curso de Lingua de Signos Española no Concello de Salceda

O curso levouse a cabo con 15 alumnos, seleccionados previamente pola Oficina de Emprego, xa que é un dos requisitos que a Consellería marca para levar a cabo este tipo de formación. Os alumnos tiñan que ter unha formación mínima de Bacherelato ou Formación Profesional, tendo preferencia as persoas con un Itinerario Personalizado de Insercción (IPI).

Os alumnos con características especiais como no caso de ter fillos menores de 6 anos, unha minusvalía superior ao 33% ou un Itinerario Personalizado de Insercción percibiron unha axuda complementaria á beca de 7 euros diarios para o desprazamento.

Marina Cabaleiro (PsdeG), Tenente Alcalde e Concelleira de Emprego e Formación resalta que “este curso ademáis de formar para a integración no mercado laboral ten o fin de potenciar a integración na vida cotiá das persoas con discapacidade auditiva e/ou oral, especialmente”.

Posto que a Xunta de Galicia ven concedendo poucas accións formativas, a Concelleira tamén sinala que dende o seu departamento estase a traballar nun Plan de Formación Propio; tendo comenzo a súa primeira acción “Motivación emprendedora” o vindeiro 29 de novembro.Curso%20lingua%20de%20signos%202