10 accións formativas para o primeiro semestre deste ano

1o-semestre-2017-copia

O Concello de Salceda de Caselas ven de anunciar a convocatoria de dez accións formativas que se desenvolverán durante os meses de febreiro, marzo e abril, e que teñen por obxectivo poñer en mans dos veciños e veciñas en situación de desemprego as ferramentas precisas que melloren a súa capacitación e as súas posibilidades de inserción laboral.

Os cursos desenvolveranse no Centro de Desenvolvemento Local ‘O Torrón’, dependente da Concellaría de Formación e Emprego que xestiona Loli Castiñeira. Para participar, os interesados e interesadas deberán cumprir dous requisitos: estar en situación de desemprego e estar dados ou dadas de alta na Bolsa de Emprego Municipal con data anterior á solicitude do curso.

 

FEBREIRO

Dos dez cursos programados, cinco desenrolaránse no mes de febreiro, sendo o primeiro deles o Taller de habilidades sociolaborais. A proba de selección e posterior inscrición terá lugar o día 6 de febreiro ás 10 horas e o curso, cunha duración de 9 horas, impartirase entre o 14 e o 17 de febreiro entre as 10 h e as 13 h.

Carnicería, coa proba de selección e inscrición o día 13 de febreiro ás 10 horas, o curso terá unha duración de 20 horas lectivas e terá lugar entre o 7 de marzo e o 6 de abril os martes e xoves de 10 h a 12 horas.

Taller de búsqueda de emprego con smartphone. A inscrición e proba de selección terá lugar o 16 de febreiro ás 10 h. O curso terá unha duración de cinco horas e as clases impartiranse entre o 7 e 9 de marzo, os martes e xoves entre as 10 h e 12:30 h.

Introdución á linguaxe de signos, con proba de selección e inscrición o 17 de febreiro ás 10 horas e 20 horas lectivas. As clases terán lugar os luns e mércores de 10 h a 12 h do 20 de marzo ao 26 de abril.

Charcutería. A inscrición e a proba de selección están previstas para o 24 de febreiro ás 10 horas. O curso desenvolverase entre os días 20 de marzo e 26 de abril e as clases os luns e mércores entre as 10 e as 12 horas. Serán en total 20 horas de curso.

 

MARZO

Limpeza Industrial. Proba de selección e inscrición o 13 de marzo ás 10 horas. Constará dun total de 20 horas con comezo o 18 de abril e remate o 9 de maio. As clases impartiranse en horario de 10 h a 13 horas.

Operario de automoción. O 15 de marzo terá lugar a proba de selección e inscrición. O curso, de 20 horas, terá lugar entre o 19 de abril e o 24 de maio e as clases serán os mércores e venres de 10 h a 12 horas.

Búsqueda de emprego a través de APPs. A inscrición e proba de selección para este curso, de 5 horas lectivas, será o 16 de marzo e as clases serán o martes 4 e o xoves 6 de abril de 10 h a 12 h.

 

ABRIL

Manipulador/a de alimentos e alérxenos. Con proba de selección e inscrición ás 10 horas do 4 de abril, o curso consta de 10 horas e as clases impartiranse entre o 25 de abril e o 9 de maio, os martes e xoves de 10 a 12 horas.

Cociña moderna. Trátase dun curso de 20 horas con proba de selección e inscrición ás 10 horas do 17 de abril. As clases terán lugar os mércores e venres, de 10 h a 13 horas dende o 3 de maio ao 26 de maio.

 

Todas estas actividades, explicaba a Concelleira de Formación e Emprego, Loli Castiñeira, teñen a finalidade de facilitar aos veciños e veciñas en situación de desemprego “formación en actividades con alta demanda no mercado do traballo” e que lles permitirán mellorar as súas posibilidades de atopar un emprego “e mesmo de optar pola opción de autoemprego”.